Aeroporto de Miami

O aeroporto internacional de Miami (IATA: MIA, OACI: KMIA), tamén coñecido como MIA e historicamente como aeródromo Wilcox, é o principal aeroporto que serve á área de Miami. O aeroporto é unha área non incorporada no condado de Miami-Dade County, e atópase a 13 km do centro da cidade de Miami. Opera voos de pasaxeiros e carga a cidades en América, Europa e Asia. É o principal aeroporto do sur de Florida para voos internacionais de longo alcance e un centro de conexións no sueste dos Estados Unidos. Tamén é un dos oito únicos aeroportos do país con voos regulares operados con Airbus A380. O aeroporto é a principal porta de entrada de American Airlines a Latinoamérica, xunto cun centro de conexións doméstico para a súa afiliada rexional American Eagle. Entre as aeroliñas de carga que operan en Maiami están Atlas Air, Centurion Air Cargo, FedEx Express, IBC Airways e UPS Airlines. Tamén hai varias aeroliñas chárter que serven Miami, como Eastern Air Lines, Miami Air e Xtra Airways. O aeroporto serve como cidade focal para Avianca e LATAM, tanto para operacións de pasaxeiros como de carga. Miami é a principal porta de entrada entre os Estados Unidos e Latinoamérica, e é un dos principais centros de conexións do país debido á súa proximidade con lugares turísticos, ao crecemento da economía local, á gran cantidade de habitantes latinoamericanos e europeos, e á súa situación estratéxica para poder manexar o tráfico aéreo entre Norteamérica, Suramérica e Europa. No ano 2010 foi o primeiro aeroporto estadounidense en porcentaxe de voos internacionais e o segundo en volume de pasaxeiros internacionais, despois do aeroporto JFK de Nova York. NO ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 44 350 247 pasaxeiros, converténdoo no 23º máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. Nos Estados Unidos é o 10º aeroporto máis concorrido e é o maior do estado de Florida.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search